16
Xan
08

sopranismo

Tras 2 anos, volvín ver ás compañeiras do coro no que pasei 7. O director. As sopranos, apresuradas, cambiándose, lanzando vocalizacións cada vez máis agudas ao teito do baño no que estoupan coma fogos artificiais-aí estaría eu, soprano, coa miña voz forte de mezzo coa que adoitaba facer chistes polo baixo nos ensaios-. As contraltos, sempre con outro tempo e menos tirantez. Cantaban na Suite dos Planetas, de Holst, unha das miñas obras preferidas dende nena. Coro feminino a 7 voces. Planeta Neptuno. O último coñecido no sistema solar, cando foi composta. Curiosamente, tamén o último polo de agora.

A voz humana. Un necesariamente namórase da súa propia voz. Da voz que escoita dentro de si, da súa burbulla de medulas e linfa. Unha vez que a extrae de si e a escoita devolta por aparellos que non son os seus propios oídos, a relación cambia.

Ténsase. Ou seica afiánzase.

Na casa vemos Copying Beethoven. Película que intentei adiar o máis que puiden polo prexuízo seguinte, prexuízo que leva o número de serie 55B: outra vez o clásico biopic con escenas nas que se pretende reproducir o xenio compositivo. A música como esfera ideal. A música. Oh, si. Faime música. A película non está tan mal. O esperábel Beethoven bárbaro, visceral e con repertorio de caras e peiteados está claro, obvio; pero atrapa o rostro severamente anxélico de Diane Kruger, unha actriz que me gustou e da que todo o mundo dirá que é mala porque foi tocada coa beleza das pasarelas [pisounas].

A música.

Estou farta dela. Do privilexio que se me concedeu. Do privilexio humano. De Beethoven. De Mahler. De Tom Waits. De Yes. De The Cure. De Bob Dylan. De Sarah Vaugham. Por favor, deixen de emocionarnos.

Advertisements

0 Responses to “sopranismo”



  1. Deixar un comentario

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s


vostede está aquí

laboratorio pseudoprivado de textos de

estíbaliz...espinosa

aka moitas

aka ningunha

kalendoscopio

Xaneiro 2008
L M M X V S D
    Feb »
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031  

pola parte de atrás deste texto

Baixo a mecánica zeleste vemos criaturas mecánicas escribindo

Autómatas

Cando nos achegamos, os seus textos din: non vou dicirche nada

nada

nada

Sentímonos decepcionados? Non

A literatura enfróntanos a iso demasiadas veces

a velocidade da luz

Blog Stats

  • 2,095 inxenuos

%d bloggers like this: