Toda a tarde buscando palabras sucias no fondo da boca. Que pode dicir Occidente? Penso en Persépolis. Unha historia. Penso en poetas descoñecidos e hindúes, en descoñecidos e somalíes. Isto é vergoñento. Como pasearse pola rúa en roupa interior. A poesía agota e sinto un hámster nunha roda correndo quilómetros para chegar á mesma gaiola.
A poesía agota.
Nos vindeiros meses parece ser que os deuses reserváronme moito traballo.


