Debo facelo.
Anos fuxindo desa responsabilidade. Desa ignición. Pecha unha chaga abrindo outra que doa máis?
Debo falar de todo isto. Pero ha de ser de xeito lento, matinado, cunha carraxe subcutánea e non colérica. De todo isto, lémbrao. Thomas Szasz. Esquizofrenia como comodín metafórico da sociedade. Antipsiquiatría. Psiquiatras hijos de puta. Administradores de drogas legais. Pinchos de rocas de belas durmintes. Aliados do estado como torquemadas. Pseudocientíficos. Pseudomédicos. Ignorantes.
Coido que podería asasinar con cobiza a algúns.
Que son? Rápido, consulten as súas listas. Psicópata? Trastornada bipolar? Depresiva? Que son?
Con que droga legal esganaríades os meus días? A miña lucidez mental? A miña sexualidade? O meu xenio?
Abominábeis. Carroña das farmacéuticas. Avergoñaríades a Hipócrates, a Galeno, á mediciña chinesa.
Mengeles con prestixio. Necios patáns. Que remate a vosa estirpe de parásitos da ciencia médica.


